miércoles, 18 de noviembre de 2015

Vídeo "As mulleres non son obxectos"

Como xa falei anteriormente na entrada La violencia de género, a violencia de xénero está bastante extendida en España, e por iso , o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celébranse numerosas celebracións en conmemoramento das víctimas desta inxustiza. No concello no que eu vivo decidiron celebrar un concurso para os estudantes de enseñanza secundaria, no que temos que facer un vídeo ou un podcast no que tratemos algún tema da violencia de xénero. A verdade é que este concurso paréceme moi ben, xa que a esta idade comeza este tipo de vilencia. Nesta entrada falaremos do vídeo que realicei xunto Antón Caeiro Insua e coa colaboración de Antón Castro Freire.


Realizar este vídeo non foi nada doado. Ó máis difícil que fixemos foi ter unha idea. Pode semellar que ter a idea para realizar o vídeo é unha parvallada, pero non o é, xa que tratar temas tan serios como a violencia de xénero non é sinxelo, xa que queres que o vídeo lle guste a todo o mundo.



O primeiro que fixemos foi crear un documento en Google drive, onde escribimos as nosas ideas. Fixemos ó que se solo chamar un braingstorming, en galego, chuvia de ideas. Este proceso consta de escribir ideas, por moi absurdas que semellen, xa que iranse descartando ideas pouco a pouco, ata que só quede unha. Ao final fixemos unha mezcla de esas ideas (aquí deixaréivolo o documento)




Á vez que facíamos este documento, tamén fixemos unha presentación basada na idea que collera máis forza antes de realizar e grabar o vídeo (ao final non escollemos esta idea, pero aínda sí vouvola ensinar)




Unha vez escollida a idea só tíñamos que grabar, pensábamos. Aínda que resultou moito máis fácil que ter a idea, xa que a idea tela que sacar do maxín e grabar simplemente é executar da mellor forma esa idea, conseguímolo e crea que o noso vídeo acadou un nivel máis que aceptable. Espero que vos guste.




No hay comentarios:

Publicar un comentario