miércoles, 18 de noviembre de 2015

Podcast "A violencia de xénero"

En este días anteriores ó Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébranse numerosos encontros en memoria das víctimas da violencia de xénero. O noso concello decidiu celebrar un concurso de vídeos e podcasts que traten temas relacionados coa violencia de xénero. Nesta entrada falaremos do meu podcast, realizado xunto a Antón Caeiro.

 Para realizar ó meu podcast, Antón e eu decidimos falar da violencia de xénero hoxe en día ( especialmente das víctimas mortais no que vai de ano en España) e de cómo erradicar a violencia de xénero de raíz.

O noso audio está basado nun texto escrito por min neste mesmo blogue, na entrada La violencia de género. Neste podcast non usamos música de fondo, xa que así oiranse as
voces de Antón é miña moito mellor, xa que na súa grabación non usamos un micrófono profesional. Por se tedes agunha duda sobre o que dicimos, aquí abaixo deixarei o texto que lemos no podcast, xunto co propio podcast. Espero que vos guste.






"A violencia de xénero é cada vez un tema máis importante debido ao gran impacto que causa na sociedade . En España , no que vai de ano , 41 mulleres foron víctimas mortais da violencia de xénero.  Desas 41 víctimas mortais só 7 denunciaran previamente . Seguramente xa levaban tempo sufrindo , pero aínda así non denunciaran . 
Estes datos , ao mellor , deixan perplexo a maís de un , pero é a realidade . Por iso débese concienciar á sociedade de que a violencia de xénero non é só o que se ve nas pantallas da televisión , esas víctimas podrían levar aguantando anos o maltrato. Para eliminar a violencia de xénero é fundamental unha educación que intente erradicar as desigualdades entre mulleres e homes, para ter un futuro basado na igualdade entre xéneros.
 #CulleredoPoloBoTrato"

No hay comentarios:

Publicar un comentario