domingo, 12 de marzo de 2017

Publicación e Difusión de CulleSport

Cando os tres creadores de Cullesport, Rubén Lado Martínez, Yannick Juncal García e eu decidimos darlle vida a este proxecto, xa tiñamos claros cales serían os principais obxetivos.
Decidímonos polo deporte, de ahí o seu nome Culle (de Culleredo) e Sport (de deporte), para fomentar e facer máis accesíbel a práctica da actividade física no municipio.
Unha vez, e despois de horas e horas de traballo, presentamos a nosa aplicación, tocaba afondar na difusión social da mesma, para ilo, abrimos unha conta na rede social twitter (@pepinodemar) (hiperenlazado twitter) e creamos un vídeo promocional de menos de 140 segundos de duración, o máximo permitido por Twitter para unha reprodución dentro do tweet (en concreto, o vídeo dura 51 segundos).
En tempos futuros, esperamos poder contar coa colaboración dalgunha entidade pública ou privada que nos axude a seguir mellorando e ampliando as posibilidades que CulleSport pode brindar ao usuario, aínda que o noso grande obxectivo é lograr a instalación nos dispositivos móbiles dos deportistas de Culleredo e o seu uso, desempeñando, por tanto, ademáis de cumplir a nosa función educativa, cumpliriamos tamén unha función pública e social.

Esperamos que sea do voso agrado (así que se vos gusta, podédeslle dar a “favoritos” e “retweet”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario